Asociación de Autismo en Ourense
ApúntasTE é unha asociación sen ánimo de lucro, creada en 2022 e integrada por familias de persoas con Trastorno do Espectro Autista (T.E.A.), da provincia de Ourense, uníndose para buscar e xestionar recursos para mellorar a calidade de vida tanto destas persoas, como das súas familias, e fomentar e loitar pola súa integración.
Non deixes que unha pedra no camiño se converta en algo que che impida avanzar
Os nosos Obxectivos
– Estamos comprometidos con defender a dignidade e os dereitos das persoas con Autismo ou discapacidade intelectual e a realización dunha INCLUSIÓN REAL na sociedade.
– Satisfacer as necesidades das persoas con T.E.A. para que non sufran nin EXCLUSIÓNS, nin DISCRIMINACIÓNS e lograr que conten cos apoios necesarios para desenvolverse e ter unha vida o máis plena e feliz posible.
– Promover o desenvolvemento de actividades ou eventos adecuados en contextos comunitarios e adaptados ás necesidades das persoas con autismo, desenvolvendo experiencias de integración nos mesmos.
– Apoiar ás familias ou familiares destas persoas con Autismo para mellorar a súa calidade de vida.
– Compromiso de contribuír á transformación social necesaria para poder reivindicar os dereitos das persoas con T.E.A. na sociedade, defendendo, sensibilizando e promovendo unha lexislación adecuada, que mellore a súa calidade de vida e igualdade de acceso a todos os recursos.
– Promover a sensibilización e a integración escolar, laboral e social.
– Fomentar o voluntariado e a formación especializada.
Financiamento
Recursos Propios (Cotas de socios e cotas de actividades).
Campañas extraordinarias.
Administración pública (local, provincial e autonómica).
Doazóns.