Unha das cousas ás que máis valor damos dentro da nosa Asociación é o voluntariado, xa que cada voluntario/a, co seu tempo (o máis valioso que che poden ofrecer), coa súa dedicación, o seu entusiasmo e compromiso no día a día e dentro das actividades que se propoñen, mellórase a calidade de vida das persoas con T.E.A., e das súas familias.

Desde ApúntasTE promovemos o traballo en equipo, sendo o primeiro exemplo a Xunta Directiva, cunha gran implicación dos empregados que traballan nela.

Non o dubides máis e únete ao noso “Equipo”. Será unha aventura que nunca esquecerás.