
As persoas con T.E.A. habitualmente atópanseco problema de non poder realizar actividades deportivas, como as entenden o resto das persoas.Debido a isto dende ApúntasTE estamos a realizar actividades deportivas con todos os socios que nolo solicitan, os cales con axuda de monitores ou terapeutas poden realizar actividades deportivas tales como baile, futbol, ximnasia artística, etc, creadas por outras entidades tanto públicas como privadas.
Realizando deporte con apoios a persoa con T.E.A, poderá:
– Atopar un reforzo positivo fronte ás dificultades que tivese que afrontar, e sentir que é capaz de afrontar novos retos, xa que áspersoas con T.E.A. cústallesxerarrelaciónsinterpersoaisou de grupo, que poden ter consecuencias como frustración ouillamento. Por iso realizar deporte e realizar experiencias satisfactorias en grupo pode ser moi beneficiosa para a persoa con T.E.A e os seus familiares.
– As actividades físicas relacionadas co deporte en calquera das súas formas, favorecen a recuperación muscular, as capacidades motrices, respiratorias, de coordinación e isomellora a forma física e psicolóxica para a vida diaria das persoas con T.E.A..
– O deporte pode facer que calquerapersoa con T.E.A. recoñézase a si mesma como válida, poda conseguir éxitos e ademaisconverterse en planificador da súaactividade, gañar en seguridadepersoal e nasúa autoestima.
– Con estas actividades deportivas quérese conseguir un sentimento de pertenzaao grupo. Que se poidanfacer actividades con igualdade, compartindoespazos públicos e participando nos eventos recreativos, reforzandonapersoa con T.E.A. o sentimento de pertenzaao grupo e de ser un membro activo da sociedade.
En resumo, podemos dicir que as actividades deportivas aumentan a calidade de vida das persoas con T.E.A., favorecen a automotivación e teñen consecuencias positivas nestas, nas familias e nos seus contornos educativos, laborais e sociais, facendo que mellore asaúde e o benestarpersoal.
As actividades que se propoñen dende a asociación publícansenasnosas redes sociais. Siguenos.