Ser doante de ApúntasTE significa que valoras a diversidade e a integración. Co teu donativo, estarás a contribuír a que poidamos seguir mellorando a calidade de vida das persoas con T.E.A. Con calquera cantidade estarasnos a axudar moito.

Como podo facer o meu donativo?

Se desexas facer un donativo en calquera momento do ano, pensa que así poderemos conseguir realizar máis proxectos de integración, podes facer a doazón de varias maneiras:

Mediante ingreso na conta da Caixa: ES73 2100 2043 2102 0030 3710
Mediante conta de Paypal:  ApúntasTE
Mediante tarxeta de crédito:  Doazón

Por favor, non te esquezas de enviar o teu comprobante de ingreso cos teus datos persoais a facturacion@apuntaste.org, para poder realizarche a factura polo importe da doazón realizada.

Testamento Solidario

Facer un testamento solidario permíteche destinar parte do teu patrimonio ou bens que decidas a apoiar que poidamos seguir mellorando a calidade de vida das persoas con T.E.A. Ademais, é unha forma moi especial de transmitir os teus valores e que poidan repercutir no futuro, apoiando a través do teu legado ás próximas xeracións. A túa solidariedade hoxe pode asegurar o benestar do mañá, das persoas con T.E.A.

O Testamento solidario é un documento sinxelo no que podes incluír unha parte do teu patrimonio ou un ben concreto, sen prexuízo dos herdeiros lexítimos. Ademais, ao non estar suxeito ao imposto de sucesións, a doazón chegará de forma integra ás persoas con T.E.A.

Se decides apoiar ás persoas con T.E.A. e loitar por unha inclusión real no mundo, e decides incluír a ApúntasTE no teu testamento, gustaríanos que nolo comunicases, xa que é moi importante para nós facer cumprir a túa vontade con respecto e responsabilidade.