Por que facerse socio?
Tanto as familias como os profesionais, traballamos xuntos para mellorar o benestar das persoas con T.E.A., loitando por unha integración na sociedade.
Sendo socio, colaborarás nesa integración, xa que tanto se es Socio (que utiliza as instalacións como usuario de terapias), como Socio Colaborador (que colabora coa doazón da cota de socio), poderás participar en todas as actividades que se fagan na Asociación, podendo vir a unidade familiar, e así entre todos apoiar, acompañar, divertirse e axudar a realizar esta aprendizaxe, que tanto lles custa ás veces, ás persoas con T.E.A.
Non o dubides e apoia a ApúntasTE que naceu para quedar, incluír e integrar a tódalas persoas con T.E.A. na sociedade.
ApúntasTE a facer este camiño con nós?