Por que facer unha formación?

O obxectivo está claro: mellorar a calidade de vida das persoas con T.E.A.

Os profesionais que atenden a estas persoas, os familiares, as persoas que nos atopamos día a día na rúa, no supermercado, etc…, cunha formación adecuada poderíamos contribuir a mellorar a vida das persoas con T.E.A. e empezariamos a falar dunha das nosas palabras favoritas dentro da Asociación, que é a INCLUSIÓN.

Como facela?

Desde ApúntasTE desenvolvemos cursos de formación para familiares, profesionais que traballen en ámbitos educativos, sanitarios, sociais…. e que traballen con persoas con Transtornos do Espectro Autista, xa que dos coñecementos teóricos e da forma de levar a cabo a práctica, dependerá, en gran medida, a calidade de vida das persoas con T.E.A..

Serán cursos a medida para Colexios, institucións e todos os colectivos que puidesen necesitar calquera tipo de formación para persoas con T.E.A..

Os nosos cursos

Estamos implicados, estamos motivados e queremos que a INCLUSIÓN sexa a nosa bandeira. Queremos que as nosas formacións transcendan do académico e que sexan unha experiencia vital, xa que coas experiencias e vivencias de cada un de nós e de vós, todos aprenderemos e ensinaremos, xa que “Tod@s” somos imprescindibles para poder facer que este proxecto sexa “O noso Proxecto”.

Non o dubides, Pregúntanos e Infórmate!. Podes pedirnos un orzamento sen ningún compromiso, envíanos un correo electrónico a contacto@apuntaste.com.

Algunhas persoas queren que algo ocorra,
outras soñan con que pasará,
outras fan que suceda.