Aprender a nadar é de moita utilidade para as persoas con Trastorno do Espectro Autista (T.E.A.). A proposta é aprender xogando, onde confirmamos que nadar pode ser divertido.
Algúns dos beneficios coñecidos son:
- Axuda a acougar e relaxar.
- Mellora a calidade de vida. Moitaspersoas con T.E.A. taménteñen problemas de procesamento sensorial.Nadar pode axudar aumentando por exemplo a tolerancia ao tacto, a iniciación e o mantemento do contacto visual e a participación social.
- Axuda a desenvolver a confianza nun mesmo e a autoestima: «a natación ofrece éxito sen importar o resultado».
- Axuda a desenvolver o autocontrol.
ApúntasTE realiza esta actividade todos os venresás 19 horas no Pabellon dos Remedios de Ourense.