
Rifa Solidaria ApúntasTE, I Edición
BASES DA RIFA SOLIDARIA
O sorteo está organizado pola Asociación sen ánimo de lucro ApúntasTE, situada a rúa Rúa Nosa Señora da Saínza, N 19, Baixo, Ourense 32005. Declaro responsablemente que a asociación garante a dispoñibilidade do premio, así mesmo a única obrigada a entregar o ben á persoa agraciada desta rifa, do cal poderá dispoñer do mesmo unha vez que se realice o sorteo o día 6 de Xaneiro de 2023 (Loteria Nacional de reis) e se comprobe a identidade do gañador.
Nesta Rifa queda prohibida a participación de menores de idade e incapacitados legalmente, segundo especifica a lei 13/2011 art 6 (Prohibicións Obxectivas e subxectivas)
O premio é: PREMIO: Cincuenta Cheques de 20 Euros cada un, cun valor total de 1000 Euros, para poder gastar nos establecementos asociados a Ourense Centro (Centro Comercial Aberto), podendo o gañador usar como máximo 5 cheques en cada establecemento. Podes consultar os establecementos asociados a Ourense Centro en www.ourensecentro.com/asociados-ourense-centro.
Que ApúntasTe realizará a distribución e venda a nivel provincial, aínda que o gañador poderá ter calquera domicilio dentro do territorio español.
O ganador da rifa solidaria será o acertante dos catro últimos dixitos que correspondan o primerio premio da Loteria Nacional de reis, que se realizará o día 6 de Xaneiro de 2023. Indicar que, unha vez terminado o sorteo, os datos telefónicos dos participantes serán destruídos, non podendo ser usados para ningún tipo de campaña ou promoción.
Expediranse 10000 soportes que se empezarán a vender entre os días 24 e o día 28 de outubro de 2022 e finalizárase a venda o día 5 de xaneiro de 2023, abarcando os números desde o 0000 ata o 9999.
O prezo de venda ao público será de 1,00€ por participación, sendo considerado una Doazón.
Os fondos obtidos serán destinados á Asociación para o sostemento das actividades desta e para a mellora das instalacións.
Para a venda das participacións contaremos con Socios da Asociación ou de voluntarios.
O gañador deberá presentar o resgardo da súa participación ou ben facilitar o seu número de teléfono á compra desta, xunto co seu documento nacional de identidade en vigor para poderlle facer entrega deste premio. O premio terá unha caducidade de Tres Meses.
A Asociación gárdase o dereito para realizar os cambios convenientes nas bases da rifa solidaria, no caso de consideralo oportuno co fin de lograr o obxectivo da mesma,sempre coa comunicación de tales modificacións no tempo e a forma adecuada.
Saúdaos atentamente.
Equipo de ApúntasTE.